fbpx

Ferrol lidera a súa Transformación Dixital

Programa Xeración Dixital PEMES 100% financiado

Un innovador plan para directivos e responsables de equipos das empresas viguesas
EFBS e CESUGA somos os partners principais elixidos polo Goberno de España para impartir este plan formativo gratuíto en Galicia, Asturias e País Vasco co que dirixirás a transformación dixital do teu negocio
Centro de Estudios Superiores
Universitarios de Galicia

Formación para directivos e responsables de equipos de pemes

Máximo dúas persoas por empresa

Axuda a transformar a túa empresa para competir na era dixital. Xeración Dixital Pemes é unha innovadora e ambiciosa iniciativa de formación gratuíta posta en marcha pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), co obxectivo de lograr a transformación dixital definitiva das pemes españolas mediante a capacitación dos seus equipos directivos.

Programa

Áreas de desenvolvemento

Coñecerás o contexto dixital no que xa se está a mover o novo modelo de negocio. Comprenderás a importancia da transformación dixital na empresa e o impacto nela da sustentabilidade e a economía dixital. Saberás como abordala cun plan baseado no diagnóstico e a estratexia.

Entenderás como son os novos clientes da era dixital, como atraelos e como incrementar o seu número. Tamén aprenderás como fidelizalos e optimizar a súa experiencia en cada proceso da súa relación coa empresa: desde o proceso de adquirir  información e tomar unha decisión até o de compra e entrega e na posventa.

Descubrirás as principais ferramentas tecnolóxicas para coñecer mellor aos teus clientes e mellorar a súa experiencia: analítica dixital, big data, machine learning, intelixencia artificial, ERP, CRM… Tamén coñecerás outras tecnoloxías dirixidas a automatizar os procesos empresariais en distintas áreas (finanzas, fabricación, venda, recursos humanos, operacións) para mellorar a competitividade da túa peme.

Saberás que facer e como actuar na túa peme e coas persoas que a integran para expandir o cambio cara á cultura dixital, e aprenderás metodoloxías de traballo innovadoras, colaborativas e áxiles para favorecer a transformación.

Coñecerás de primeira man as experiencias e resultados de empresas de distintos sectores de actividade que xa deron o salto e incorporaron a transformación dixital aos seus procesos e o seu día a día.

Plan formativo

Desenvolve as túas competencias dixitais

12 semanas de duración

Con 5 módulos con contido formativo adaptado ás necesidades das empresas

150 horas de formación

Con profesorado con experiencia no ecosistema dixital e cunha metodoloxía práctica

75% do contido online

E 25% presencial, con flexibilidade para a realización das sesións de formación

10 horas de tutorías

Seguimento 100% personalizado e estudo de casos de éxito en distintos sectores

Un equipo profesional e con experiencia

Roberto Fraga

Director do Programa​

Roberto Fraga é o responsable de contidos e coordinador académico do programa Xeración Dixital Pemes que imparten EFBS e CESUGA. Experto en Transformación Dixital, formouse xusto onde naceu o concepto: o prestixioso MIT (Massachusetts Institute of Technology). Despois especializouse na Universidade de Stanford, realizando inmersións en empresas como Google ou Facebook, e en Product Management na Universidade de Boston.
Roberto Fraga é actualmente CEO de Pilgrim Travel -unha empresa especializada na xestión de servizos e experiencias no Camiño de Santiago- e presidente de Inturseo, actividade que compaxina co seu labor docente en CESUGA, a dirección do Máster de Mercadotecnia e Estratexia Dixital de EF Business School, a investigación e a mentoría de proxectos tecnolóxicos e dixitais nas principais aceleradoras mundiais de startups.

Un programa financiado con fondos Next Generation UE e coordinado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital

Os teus partners para desenvolver o teu ADN dixital

Xeración Dixital Pemes é unha oportunidade única para eliminar a fenda dixital nas empresas a través dunha formación de calidade. CESUGA, con máis de 25 anos de experiencia no mundo académico, e EFBS, que forma e mentoriza a profesionais directivos e que foi catalogada por FORBES como unha do dez mellores escolas de negocio de España e a mellor do noroeste español, son os partrners principais para este plan en Galicia, País Vasco e Asturias

Presentación Informativa

613 724 270